Referentes

Manolo González:  "Video Galego, un iceberg sen base". Publicado no Festival internacional de Tolosa 1989 

A comezos da década dos oitenta, adivíñanse indicios de cambio e renovación no panorama artístico. O éxito súmase por vez primeira ás novas manifestacións da cultura urbana, agromando insólitas novidades na ata entón anquilosada cultura galega: revistas de deseño, a moda, grupos de rock, etc. Os seus autores son novos e o fenómeno denominouse "movida galega". Aquilo respondía a unha etapa de recambio xeracional, similar ao que se estaba a producir no resto do Estado. É neste contexto cando se comezan a crear os primeiros vídeos: son experiencias illadas, cargadas de voluntarismo e produto da libre experimentación coas nova ferramenta do vídeo. Os seus autores intentaran facer "cinema galego" na década dos setenta. Fracasado aquel empeño por razóns estruturais, poñen os seus ollos nas novas máquinas produtoras de imaxes. Algunhas das súas fitas conseguirán premios nos festivais de internacionais de videocreación; un conxunto de cineastas que foron quen de falar de igual a igual co que se estaba a facer no resto de Europa. O "vídeo galego" como a "moda galega" ou o "rock galego" sorprenderán a propios e estraños. A industria emerxente, a TVG e a Administración non entenderon esa ventaxa competitiva e axiña os seus principais referentes integráronse na industria audiovisual .

 :Ler o artigo completo: Videocreación en Galicia, un iceberg sen base.

Ningún comentario:

Publicar un comentario